Preguntar «canto stock temos?» nunha empresa con varias tendas adoita ter dúas respostas: a que dá o sistema e a que atopas no andel. Cando ambas non coinciden, o problema non é só de almacén: cómprase de máis nun sitio, rómpese stock noutro, pérdense vendas e a central deixa de confiar nos datos. Controlar o stock multitenda esixe que vendas, compras e movementos de mercadoría estean no mesmo sistema e se actualicen ao momento.
Por que o stock se descadra
Na maioría de cadeas, o descadre de stock non se debe a un único erro, senón á suma de pequenas desconexións:
- As vendas do TPV chegan tarde ao sistema de xestión, ou chegan con códigos que non coinciden.
- As recepcións de mercadoría rexístranse en papel e pásanse ao ordenador cando hai tempo.
- Os traspasos entre tendas apúntanse na tenda que envía, pero non sempre na que recibe.
- Os inventarios fanse con follas impresas e tecléanse despois, co risco que iso supón.
- As mermas e roturas non se rexistran ou rexístranse de forma distinta en cada local.
Cada un destes puntos é pequeno, pero nunha cadea multiplícanse polo número de establecementos.
Un único stock, actualizado con cada venda
Hioffice xestiona o stock por almacén e por tenda dentro do mesmo ERP que recibe as vendas dos TPV HIOPOS. Como ambos forman parte da mesma plataforma e están sincronizados en tempo real, cada venda desconta stock no establecemento onde se produce, sen importacións nin procesos nocturnos.
En negocios de hostalaría ou con elaboración propia, as vendas poden descontar os ingredientes segundo os escandallos, de modo que o stock de materias primas reflicte o que realmente se consumiu.
Compras e recepcións
Con Hioffice, as compras xestiónanse de forma centralizada ou por establecemento, segundo como traballe cada empresa:
- Pedidos a provedor coas condicións de compra de cada un.
- Recepción de mercadoría contra pedido, para detectar diferenzas no momento da entrega.
- Albarás e facturas de provedor vinculados ás entradas de stock.
- Consulta de stock e vendas por establecemento para preparar os pedidos con datos actuais, non cos da semana pasada.
Traspasos entre tendas e almacén
Nunha cadea, a mercadoría móvese constantemente: do almacén central ás tendas, dunha tenda con exceso a outra con rotura, da cociña central aos restaurantes. Hioffice rexistra cada traspaso coa súa orixe e o seu destino, de forma que o stock sae dun sitio e entra no outro sen que haxa que apuntalo dúas veces. A central pode ver en calquera momento que está en tránsito e que chegou.
Inventarios con Hiostock
Aquí entra Hiostock, a ferramenta de HIOPOS para traballar o almacén desde un terminal móbil. En lugar de imprimir listados e teclear despois, o persoal escanea os artigos directamente no andel ou na cámara, e os recontos incorpóranse a Hioffice.
Hiostock é útil para:
- Inventarios completos ou parciais, por familia, por localización ou por establecemento.
- Recepcións de mercadoría no peirao ou na trastenda.
- Preparación e recepción de traspasos entre locais.
- Consultas rápidas de stock sen ter que ir ao ordenador da oficina.
O resultado é un inventario máis áxil e, sobre todo, con menos erros de transcrición.
Un exemplo ilustrativo
Imaxina unha cadea de cinco tendas de alimentación cun almacén central. Cada mañá, o responsable de compras consulta en Hioffice o stock de cada tenda e as vendas dos últimos días, xera os pedidos a provedores e prepara os traspasos desde o almacén. As tendas reciben a mercadoría con Hiostock, a central ve a entrada ao momento e, ao final do mes, o inventario faise por zonas escaneando os produtos. Cando aparece unha diferenza, pódese rastrexar: que se vendeu, que se recibiu e que se moveu.
O que necesita un bo proxecto de stock
A tecnoloxía é necesaria, pero non suficiente. Para que o control de stock funcione hai que decidir como se codifican os artigos, que almacéns e localizacións existen, quen pode facer traspasos, como se rexistran as mermas e cada canto se inventaría. Son decisións que dependen de cada negocio.
En IATSAE, como Engineering Partner oficial de HIOPOS, deseñamos con cada cliente a estrutura de almacéns e os circuítos de compra e traspaso, migramos os datos do sistema anterior e formamos por perfís a central, os encargados e o persoal de tenda. Se a túa empresa traballa con balanzas ou produto fresco, tamén che pode interesar como conectamos as balanzas con Hioffice.
Se queres revisar como controlas hoxe o stock dos teus establecementos, fala cun dos nosos consultores: virémos ver como traballades e propoñerémosche como facelo con HIOPOS + Hioffice.

